Iniciación á Estatística para Lingüistas

Data inicio: 
mércores, Marzo 19, 2025 - 16:00
Data fin: 
mércores, Marzo 26, 2025 - 18:00
Poster: 
Descrición: 

Este curso de iniciación ás técnicas estatísticas componse dunha parte teórica e dunha parte práctica que serán impartidas respectivamente por Rosa Crujeiras, da Universidade de Santiago de Compostela, e por Alba Aguete Cajiao, da Universidade de Salamanca e colaboradora do noso centro, os días 19, 20, 24, 25 e 26 de marzo na sede do Instituto da Lingua Galega (ILG).

O curso, de 12 horas de duración, está organizado polo ILG, polo grupo Variation, Linguistic Change and Grammaticalization e polo grupo Spertus da Universidade de Santiago de Compostela. Conta co financiamento do Ministerio de Cultura e da Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.