Novidades

  • Conferencia sobre estratexias de recuperación da lingua en Bos Aires

    09/09/14

    O venres 12 de setembro ás 13:00 h no seminario A do ILG, o investigador Facundo Reyna Muniain presentou o seu proxecto de investigación sobre "Estratexias de revitalización e recuperación da lingua na diáspora de Bos Aires no século XXI".

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    09/09/14

    Convocatoria pública 10/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

  • Methods in Dialectology XV

    11/08/14

    Entre o 11 e o 15 de agosto celebrouse en Groningen o congreso Methods in Dialectology XV: The Future of Dialects.

  • O ILG publica o sexto número da súa revista

    03/08/14

    O ILG presenta un novo número da súa revista Estudos de lingüística galega. A publicación, que se edita desde 2009, inclúe neste sexto número artigos científicos de investigadores das tres universidades galegas e doutras institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    16/07/14

    Convocatoria pública 7/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

  • Presentación de investigación en curso

    11/07/14

    O venres día 11 de xullo ás 13:00 h, Juan Bernardo Estrada Hernández presentou o seu proxecto de investigación sobre "La formación de los hipocorísticos en el español de México".

  • Cursos de verán de lingua e cultura galegas 2014

    02/07/14

    Estes cursos están dirixidos a persoas de fóra de Galicia, coa finalidade de ofrecerlles a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia.

  • Conferencia de Benjamin Campbell

    27/06/14

    O venres 27 de xuño ás 12:30 h, o profesor Benjamin Campbell, do Departamento de Antropoloxía da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, impartirá unha conferencia titulada "The Emergence of Language With Music and Ritual: An Hypothesis".

  • II Congreso Internacional Nebrija

    26/06/14

    Entre o 26 e o 28 de xuño celebrarase en Madrid o II Congreso Internacional Nebrija en Lingüística Aplicada a la Enseñanza de Lenguas: En camino hacia el plurilingüismo, organizado pola Universidad Nebrija.

  • CODILI3

    23/06/14

    Entre o 23 e o 25 de xuño terá lugar o III Coloquio Internacional sobre Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI3) na Universität Zürich.

Páxinas