Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia destinadas a alumnado do curso de verán Toponimia: interpretación e actuación con diploma de asistencia
Novidades
-
Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia
30/07/13 -
Axudas para a recollida de microtoponimia no curso de verán da USC Toponimia: interpretación e actuación (16-19 xullo de 2013)
20/07/13As persoas matriculadas no curso de verán da USC Toponimia: interpretación e actuación que acaden o diploma poderán acceder a unha axuda económica en concepto de colaboración para realizaren tarefas de recollida de microtoponimia nos concellos de Rois, Touro e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira). O traballo ten por obxectivo contribuír á colleita sistemática da toponimia menor (nomes de lugares non habitados, como leiras, fontes, prados, penedos, etc.) comezada polo Proxecto Toponimia de Galicia.
-
Toponimia: interpretación e actuación
16/07/13Do día 16 ó 19 de xullo terá lugar na Universidade de Santiago o Curso de verán de toponimia: actuación e interpretación, organizado pola profesora Ana Boullón. Os obxectivos deste curso son dar a coñece-la historia da conformación toponímica do territorio, as implicacións da toponimia con outras disciplinas (xeografía, marco xurídico, arqueoloxía e paisaxe, antropoloxía, literatura) e incentiva-la realización de actividades de recollida toponímica e de normalización lingüística.
-
Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros 2013
04/07/13O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade.
-
Iº Coloquio "Lingüística Histórica"
01/07/13Entre o 1 e o 4 de xullo desenvolverase o I Coloquio de Lingüística Histórica, que ten por obxectivos revisar e poñer ó día os avaces nos estudos de lingüística histórica e galega, presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos lingüísticos próximos e reflexionar sobre a importancia da actualización dos coñecementos nesta disciplina. O curso vai dirixido a estudantes e profesores.
-
Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC coordinan un proxecto internacional para creación dun tesouro de léxico patrimonial
20/04/13O Instituto da Lingua Galega da USC colabora con centros de investigación de universidades portuguesas e brasileiras na creación dun tesouro léxico que permitirá obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais de galego, portugués europeo e portugués do Brasil.
-
IV Encontro Wedisyn sobre variación sintáctica
18/04/13A rede de investigación en sintaxe dialectal Wedisyn (Dialect Syntax in Westmost Europe) celebrará o próximo encontro na Universidade de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril de 2013.
-
Ernesto González, elixido novo director do Instituto da Lingua Galega da USC
26/03/13O catedrático Ernesto González Seoane dirixirá o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago (ILG), segundo se acordou este luns na reunión da xunta de goberno do Padroado deste centro de investigación que presidiu o reitor Juan Casares. González substitúe no cargo á profesora Rosario Álvarez.
-
Investigadores do ILG publican nun monográfico da revista Dialectología as súas achegas respecto do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica
11/03/13Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC publican no último número especial da revista Dialectología catro achegas respecto do tema central deste volume monográfico correspondente ao ano 2012 que se dedica ao Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI).
-
Comunicado
28/02/13Comunicado do ILG sobre as declaracións do secretario da RAG ó xornal La Voz de Galicia o 25 de febreiro de 2013
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- seguinte ›
- última »