XI Congreso Internacional da AIEG 2015
Entre o 6 e o 8 de abril de 2015 celebrouse en Bos Aires (Arxentina) o XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos 2015, titulado "Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio".
Neste encontro participaron os seguintes investigadores do ILG:
-
Rosario Álvarez: "A imaxe lingüística dos galegos fóra de Galicia (textos hispánicos do século XVII)". Moderadora da mesa Variación, hibridación e representacións da lingua
-
Elisa Fernández Rei: moderadora da mesa Linguas en contacto
-
Henrique Monteagudo: "Sempre en Bos Aires" [conferencia plenaria] e "Emigración, lingua e sociedade en Galicia. Un balance histórico". Moderador do panel Emigración, lingua e sociedade en Galicia. Un balance histórico
-
María Dolores Villanueva Gesteira: "As relacións entre Galaxia e a diáspora arxentina, unha rede por tecer (1950-1966)" e "Unha achega á intrahistoria dos Premios do Centro Galego de Buenos Aires. Un proxecto de alén mar para Galicia" [en colaboración con Denís Vicente Rodríguez]. Moderadora da mesa Cultura e movementos migratorios