O 19 de marzo tivo lugar no ILG o Validatón -maratón de validación de fragmentos de voz- no que 30 estudantes da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela revisaron un total de 23.314 fragmentos de voz en lingua galega na plataforma Common Voice. O gañador do maratón foi Nicolás Acebedo Torrego, que recibiu un premio de 100 euros tras validar 1.299 fragmentos.
Novidades
-
Validatón no ILG
21/03/24 -
Validatón
19/03/24O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.
-
I Faladoiro con Carme Ríos Panisse
09/03/24O Día Internacional da Muller a Comisión de Xénero e Igualdade do ILG inaugurou o Ciclo de conversas coas mulleres do ILG cun faladoiro con Carme Ríos Panisse, unha das primeiras investigadoras do centro.
-
Miguel García Fernández e Ricardo Pichel editan unha obra sobre San Paio de Antealtares
04/03/24Os colaboradores do ILG Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel son os editores da obra Desde San Paio de Antealtares. Historia, patrimonio e vida monástica, coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
-
Membros do ILG na reunión de ILENIA
24/02/24Os membros do Instituto da Lingua Galega Francisco Dubert, Elisa Fernández Rei e Carmen Magariños, xunto a investigadores do CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela, representaron o Proxecto Nós na reunión organizada polo proxecto ILENIA o 22 e 23 de febreiro no campus de Gipuzkoa da Universidade do País Vasco.
-
O Proxecto Nós lanza a campaña Doa a túa voz
01/02/24O Proxecto Nós lanzou unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia co obxectivo de afianzar a plena presenza activa do galego no ámbito das novas ferramentas de Intelixencia Artificial. As contribucións poden facerse de xeito telemático a través do espazo web doagalego.nos.gal creado para esta iniciativa.
-
Visita e café con Víctor Bargiela Zotes
30/01/24O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
-
Investigadores do ILG na reunión de presentación de CLARIAH-ES en Donostia
26/01/24Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa, membros do ILG, participaron o 25 de xaneiro en Donostia na presentación de CLARIAH-ES, cuxo obxectivo xeral é impulsar actividades de promoción das infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH e organizar a participación oficial de España nestas.
-
Membros do ILG participan no programa "A Ponte" da USC
15/01/24Francisco Dubert García e Xulio Sousa volven participar nunha nova edición do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
-
Un traballo de Lois Atanes Barciela pecha o último número de ELG
08/01/24Lois Xacobe Atanes Barciela, da Universidade de Helsinqui e da Universidade de Tampere (Finlandia), pecha co artigo "O discurso referido directo no contexto do cambio de código" o número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »