Alba Aguete no congreso "Frontera hispano-portuguesa: personas, pueblos y palabras"

Data: 
mércores, Xuño 22, 2022 - 11:00
Imaxe: 
A colaboradora do ILG Alba Aguete Cajiao participa o mércores 22 no congreso internacional Frontera hispano-portuguesa: personas, pueblos y palabras, en homenaxe a Manuela Barros. Falará xunto a Fernando Brissos e Alberto Gómez Bautista sobre "Sistemas vocálicos tónicos do noroeste de Portugal e do sudoeste de Galicia". O congreso está organizado polo proxecto FRONTESPO e ten lugar entre o 20 e o 22 de xuño na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Alcalá de Henares.