Álex Alonso Nogueira participa nun encontro investigador na UDC
Data:
mércores, Abril 27, 2022 - 13:15
Imaxe:
Álex Alonso Nogueira participa no encontro investigador Teatro galego e resistencia cultural 1936-1973, que vai ter lugar o 29 de abril na sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. A conferencia do investigador do ILG leva por título "Proceso a Castelao de López Veiga: teatro, censura e imaxinación política".
Programa
11:30 h - Emilio Grandío
"Resistir a que? Natureza e esencia da ditadura franquista (1936-1973)"
13:00 h - Carme Fernández Pérez-Sanjulián
"Literatura dramática e edición durante a etapa franquista"
16:30 h - Laura Tato
"A investigación teatral: metodoloxía e resultados"
18:00 h - Álex Alonso
"Proceso a Castelao de López Veiga: teatro, censura e a imaxinación política"