Colóquio Internacional de Geoprosódia do Português e do Galego

Data: 
mércores, Xuño 17, 2015 - 11:15
Imaxe: 

Entre o 17 e o 19 de xuño de 2015 celebrouse na Universidade de Aveiro o Colóquio Internacional de Geoprosódia do Português e do Galego, organizado polo Instituto da Lingua Galega e polo Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.

O obxectivo deste coloquio foi poñer en común a investigación no dominio da fonética experimental aplicada ao estudo da variación prosódica, da análise contrastiva entre as variedades románicas e da súa cartografia. Así, este congreso pretendeu reforzar, divulgar e dar continuidade a diferentes investigacións no dominio da xeoprosodia das linguas románicas, nomeadamente das variedades do galego e do portugués continental, insular e do Brasil. 

A profesora e investigadora do ILG Elisa Fernández Rei formou parte da Comisión organizadora e da Comisión científica do encontro. 

Ademais, os seguintes investigadores e investigadoras do ILG presentaron diferentes comunicacións no encontro:

  • Francisco Dubert / Xulio Sousa: "Os estudos de dialectometría na xeolingüística actual"

  • Elisa Fernández Rei: "Factores sociolingüísticos e xeoprosodia galega"

  • Elisa Fernández Rei / Alba Aguete Cajiao / César Osorio Pelaez: "Tecnoloxías e ferramentas para o estudo da xeoprosodia: unha nova ferramenta interactiva para desenvolvemento de tests: FOLERPA"

  • Elisa Fernández Rei / Lurdes de Castro Moutinho: "Para a construção de um atlas prosódico de Portugal e da Galiza. Uma ideia com futuro" [Póster, con Rosa Lídia Coimbra]

  • Lurdes de Castro Moutinho: "Estudo comparativo das prosódias portuguesa e espanhola: um caso exemplar" [con Alberto Gómez Bautista e Rosa Lídia Coimbra]

  • Lurdes de Castro Moutinho: "Proposta para o estudo da variação prosódica em mirandês contemporâneo" [Póster, con Rosa Lídia Coimbra]

  • Lurdes de Castro Moutinho: "Sul de Portugal continental e Açores. Distância geográfica também distância prosódica?" [Póster, con Rosa Lídia Coimbra e Maria Clara Rolão Bernardes]

  • Antonio Romano: "Pluralité de langues, de données, d'approches pour un modèle général de la mélodie des parlers romans"

  • Antonio Romano: "AMPER-ITA et la variation dialectale de l’intonation en Italie" [con Valentina de Iacovo]

  • Adela Martínez Calvo: "Scripts en R para a análise dialectométrica"