Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
xoves, Marzo 25, 2021 - 10:00

Convocatoria pública extraordinaria 2/2011 para a contratación de persoal investigador e de apoio á investigación.

Convócanse dúas prazas para o Instituto da Lingua Galega: unha praza de cinco meses a tempo parcial (75% da xornada) para traballar no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL) e outra de sete meses e medio a tempo completo para traballar no CORGA. En ambos os dous casos o traballo desenvolveríase no ILG.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o luns 29 de marzo.