ELG en ERIH PLUS

Data: 
venres, Febreiro 6, 2015 - 12:00
Imaxe: 

A revista Estudos de Lingüística Galega acaba de ser incluída, por decisión do NSD (Norwegian Social Science Data Services), no ERIH PLUS (European Reference Index for the Humanities and Social Sciences).

O obxectivo principal de ERIH é mellorar a visibilidade global da investigación de alta calidade en humanidades e ciencias sociais publicada en revistas académicas nas distintas linguas europeas en toda Europa. A inclusión de ELG neste índice é un recoñecemento da calidade acadada por esta publicación.

Ademais de en ERIH PLUS, Estudos de Lingüística Galega aparece indexada noutros índices de referencia, tales como Scopus, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET e CiteFactor, entre outros.