Entrevista á directora do ILG

Data: 
luns, Xullo 3, 2023 - 13:30
Imaxe: 

Elisa Fernández Rei ofreceu unha entrevista ao xornal Nós Diario con motivo do seu recente nomeamento como directora do Instituto da Lingua Galega. Nela fala sobre como afronta a súa chegada á dirección dun centro con 52 anos de historia, a situación deste como instituto de investigación universitario e as propostas que se levarán a cabo nesta nova etapa, ademais de comentar a situación sociolingüística existente, ao respecto do que comenta:

"No caso do ILG, debemos traballar nun maior coñecemento exterior do centro e do que realizamos. Queremos estabelecer un diálogo máis fluído co sector educativo. A idea é transferir máis coñecemento e atender as súas demandas. Temos unha responsabilidade na situación do galego e debemos contribuír na medida en que poidamos".