Estudos de Lingüística Galega no Ránking de revistas con selo FECYT

Data: 
martes, Febreiro 18, 2020 - 09:15
Imaxe: 

A revista Estudos de Lingüística Galega figura no segundo cuartil no Ránking de revistas con selo de calidade FECYT (2020). A revista, especializada en estudos lingüísticos do ámbito románico, comezou a publicarse no ano 2009 no seo do Instituto da Lingua Galega e do grupo de investigación Filoloxía e lingüística galega da USC. Das 52 revistas de lingüística que contan co selo FECYT, Estudos de Lingüística Galega figura no posto 26. O selo FECYT serve como identificador das revistas científicas que seguen os criterios de boas prácticas e calidade aceptados a nivel mundial.

A revista está indexada, entre outros, no Emerging Sources Citation Index e no repertorio Scopus.