Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/img_2331_0.jpg?itok=ab--VEli)
Entre o 27 e o 30 de xullo de 2015 celebrouse en Santiago de Compostela o Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica. Este congreso, organizado conxuntamente polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (Instituto da Lingua Galega), a Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, estivo dedicado a honrar os profesores Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.
Este encontro congregou preto de 400 investigadores dos distintos ámbitos da lingüística portuguesa e galega procedentes das tres universidades de Galicia, así como doutras institucións e centros académicos de investigación de diversos países, nomeadamente Portugal e Brasil.