Gonzalo Navaza ingresa na RAG o 5 de novembro

Data: 
sábado, Novembro 5, 2022 - 12:30
Imaxe: 

A Real Academia Galega celebrará o 5 de novembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Gonzalo Navaza como membro de número da Institución. O acto terá lugar a partir das 12:30 horas na sede da RAG. O colaborador do ILG lerá o discurso titulado Nomes de persoa na toponimia de Lalín, ao que lle dará resposta o académico Antón Santamarina.