Guía para o estudo da prosa galega medieval

Data: 
venres, Xaneiro 8, 2021 - 11:30
Imaxe: 

Os colaboradores do ILG Ricardo Pichel Gotérrez e Miguel García-Fernández colaboraron na Guía para o estudo da prosa galega medieval, como coordinador coautor e como coautor, respectivamente. 

Esta obra ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval, con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas. O manual ten como obxectivo dar a coñecer ao público interesado todos os textos literarios compostos en galego na Idade Media de forma sintética.

Esta guía, cuxa versión dixital, gratuíta, xa está dispoñible na Libraría institucional da Xunta, foi editada pola Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.