Novidades

  • Vídeos polo 50 aniversario do ILG

    06/04/21

    En 2021 celebramos o 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega. Como membro que fuches do Instituto, aledaríanos moito que estiveses presente connosco nesta data tan sinalada e que foses partícipe do noso cincuentenario.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    25/03/21

    Convocatoria pública extraordinaria 2/2011 para a contratación de persoal investigador e de apoio á investigación.

  • Concurso Móvete

    02/03/21

    O Instituto da Lingua Galega organiza o concurso de vídeo Móvete entre o estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra de Galicia con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario.

  • Canle de YouTube

    10/02/21

    O Instituto da Lingua Galega estrea canle de Youtube. 

  • Simposio ILG 2020

    08/02/21

    O tema proposto para este Simposio, organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega, pon o foco nos procesos de estandarización.

  • Análise do discurso, ideoloxías lingüísticas e contacto de linguas

    26/01/21

    No marco do proxecto Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística, realizamos unha serie de tres seminarios nos que afondamos na relación existente entre a construción e a negociación da identidade, a emerxencia de ideoloxías lingüísticas na interacción verbal e a variación e o cambio lingüístico inducidos polo contacto.

    AVISO IMPORTANTE: Tras realizar a inscrición, enviarase un correo con información sobre o seminario. Se non o reciben na súa caixa de entrada, comproben que non estea no spam.

     

  • Surname regions and dialectal variation in the Asturian linguistic space

    14/01/21

    No último número da revista Journal of Linguistic Geography publícase un traballo de Xulio Sousa e María José Ginzo-Villamayor.

  • Plataforma colaborativa DOA

    13/01/21

    A comezos do mes de xaneiro puxemos en marcha a través das redes sociais o proxecto DOA, no marco do subproxecto de Geoarpad Patrimonio léxico da Gallecia.

  • Nova ferramenta de xeración automática de galego e portugués: XeraWord

    13/01/21

    Xa está dispoñible a ferramenta XeraWord, unha ferramenta piloto de xeración automática da frase nominal simple en galego e portugués.

     
  • Guía para o estudo da prosa galega medieval

    08/01/21

    Os colaboradores do ILG Ricardo Pichel Gotérrez e Miguel García-Fernández participan na Guía para o estudo da prosa galega medieval

Páxinas