International Conference New Ways of Analyzing Dialectal Variation
Data:
sábado, Novembro 23, 2019 - 11:00
Imaxe:
Do 21 ao 23 de novembro ten lugar na Sorbonne Université (París) a International Conference New Ways of Analyzing Dialectal Variation.
Neste coloquio internacional, que pretende reunir dialectólogos de varias orixes co fin de avaliar como as novas tecnoloxías poden mellorar o coñecemento da variación dialectal en Europa, estará presente o investigador do ILG Xulio Sousa. A súa presentación versará sobre o proxecto de edición dixital do ALPI (From field notebooks to the computer screen: the digital edition of the Atlas Lingüístico de la Península Ibérica).