Lingua e ideas lingüísticas
Data:
mércores, Outubro 26, 2016 - 19:30
Imaxe:
O ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos, organizado pola Real Academia Galega, celebrou o mércores 26 de outubro unha mesa de debate en Ourense titulada Lingua e ideas lingüísticas.
Neste encontro participaron os seguintes membros do ILG e académicos da RAG:
-
Rosario Álvarez: "Fagamos do cultivo do noso idioma unha relixión de homes dignos".
-
Antón Santamarina: "Galicia e Cataluña. Aproximación ó estudo dunha relación".
-
Henrique Monteagudo: "Lingua nacional, idioma moderno. As Irmandades e a fala".
Este encontro desenvolveuse o mércores 26 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (rúa do Progreso, 30) a partir das 19.30 horas e estivo moderado polo presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Ligazóns: