Número especial da revista Estudos de Lingüística Galega

Data: 
mércores, Febreiro 14, 2018 - 15:30
Imaxe: 

O ILG acaba de publicar o primeiro número especial da revista Estudos de Lingüística Galega, titulado Gramáticas en tránsito. Variación e mudanza no complexo lingüístico galego-portugués. 

O volume, editado polo investigadores e profesores Francisco Cidrás, Francisco Dubert e Xosé Luís Regueira, recolle unha escolma de catorce contribucións que desenvolven diferentes aspectos da mudanza gramatical e a variación lingüística en galego, portugués europeo e brasileiro. Partindo dunha perspectiva variacionista común, as distintas achegas desenvolven diversos temas de gramática e fonética, combinando diferentes ámbitos lingüísticos e diferentes modelos teóricos (tanto formalistas como funcionalistas), para configuraren finalmente unha monografía acorde e homoxénea, na que emerxen aquí e alá o diálogo e as transferencias entre teorías.