O CORILGA, nas I Jornadas Filológicas Internacionales-UR
Data:
xoves, Outubro 1, 2015 - 12:00
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/jfi_ur.jpg?itok=1qSwnPrP)
Do 30 de setembro ao 2 de outubro celebráronse na Universidad de La Rioja (Logroño, A Rioxa) as I Jornadas Filológicas Internacionales-UR. Neste encontro participaron algúns membros do equipo do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega (CORILGA), que presentaron as liñas de acción, a estrutura e os resultados acadados a través deste proxecto do Instituto da Lingua Galega.