O profesor Carlos Alberto Faraco impartiu unha conferencia no ILG sobre a situación lingüística do Brasil
O profesor Carlos Alberto Faraco, da Universidade Federal do Paraná, impartiu este mércores unha conferencia sobre as caras lingüísticas do Brasil, convidado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.Faraco é especialista en lingüística aplicada, ensino de linguas e análise do discurso. Nos últimos anos contribuíu con varias obras e artigos no debate sobre a norma lingüística no Brasil e sobre o ensino da gramática. Entre as súas publicacións destacan Estrangeirismos: guerras em torno da língua (2001), Lingüística Histórica: introdução ao estudo da história das línguas (2005), Norma culta brasileira: desatando alguns nós (2008).O profesor Faraco é tamén un especialista na obra do crítico literario e filósofo da linguaxe ruso Mikhail Bakhtin (Linguagem & Diálogo: as ideias linguísticas do Círculo de Bakhtin, 2009).