O profesor Patrick Hanks, no ILG

Data: 
venres, Outubro 28, 2016 - 17:30
Imaxe: 

O profesor Patrick Hanks (University of the West of England e University of Wolverhampton) mantivo entre os días 24 e 27 de outubro diversos encontros e reunións de traballo con investigadores do Instituto da Lingua Galega. O profesor Hanks, que acudiu a Santiago para impartir unha conferencia no marco do simposio Antroponimia e lexicografía, é o director dos máis importantes dicionarios de nomes e apelidos dos Estados Unidos e do Reino Unido. Froito desta visita é a incorporación da profesora Ana Boullón, investigadora do ILG, ao equipo encargado da elaboración da segunda edición do Dictionary of American Family Names (Oxford University Press), como redactora de entradas de orixe hispánica.