Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA

Data: 
martes, Decembro 17, 2024 - 13:00
Imaxe: 

O Instituto da Lingua Galega e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela queren incorporar os seguintes perfís de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto:

  • Perfil 1 (1 praza): deseño e desenvolvemento de modelos de lingua xerativos e discriminativos de dominio a partir dos modelos fundacionais.
  • Perfil 2 (1 praza): deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación automática e humana de modelos de lingua.
  • Perfil 3 (2 prazas): desenvolvemento de recursos lingüísticos e modelos de recoñecemento da fala (ASR) e síntese de voz (TTS).

A categoría profesional é a de investigador colaborador e a duración prevista é de 1 ano, cun salario bruto anual de 24.093,30 €. A incorporación aos distintos postos produciríase entre xaneiro e marzo de 2025.

As persoas interesadas deben enviar o seu currículum vítae ao enderezo maria.baqueiro.vidal@usc.gal con indicación do perfil ou perfís aos que opta. No asunto da mensaxe debe poñerse "Contratos para desenvolvemento de modelos de lingua".