Participa nun test perceptivo

Data: 
mércores, Maio 31, 2023 - 00:00
Imaxe: 
Saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? As investigadoras do ILG Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei están a levar a cabo un experimento perceptivo e solicitan axuda para resolver esta pregunta.
 
O experimento atópase xunto ás instrucións na ligazón https://ilg.usc.gal/folerpa/test/?codigo=00011-test-44. As persoas que completen os dous tests ata o día 31 de maio participarán no sorteo, que se celebrará o 1 de xuño de 2023, de dúas tarxetas regalo de 100 €. Os tests teñen que ser realizados individualmente e só se poderá responder unha vez. Invalidaranse os tests que se respondan máis dunha vez, aleatoriamente ou de maneira fraudulenta.