Paulo Martínez Lema, na Universidade de Lisboa
O investigador do ILG Paulo Martínez Lema presentou na Universidade de Lisboa o proxecto de investigación Inventario Toponímico da Galicia Medieval (ITGM), do cal é coordinador.
A presentación tivo lugar o mércores día 26 de outubro, a partir das 12:00 h, na sala 10.2 da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa, e formou parte da serie de sesións iniciadas en xaneiro de 2016 coa intención de dar a coñecer os proxectos e atividades en que están envolvidos os membros e parceiros do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa (CLUL).
Paulo Martínez Lema é investigador posdoutoral do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Desde maio de 2015 desenvolve na Universidade de Lisboa o proxecto Toponímia medieval galego-portuguesa: inventário e estudo filológico.