Presentación da obra Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices
O martes 17 de setembro ás 19.30 h no mosteiro de Santa María de Montederramo terá lugar a presentación da obra do investigador do ILG Ramón Lorenzo, titulada Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices.
O acto contará coa participación de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Antonio Rodríguez, alcalde do Concello de Montederramo; Xosé Luís Regueira, director do ILG, e Ramón Lorenzo, autor do volume.
Concluídas as intervencións, haberá unha actuación musical do grupo Manseliña integrado por María Giménez, voz, fídula oval réplica do Pórtico da Gloria e percusión tradicional; Tin Novio, laúde medieval réplica do Pórtico da Gloria e Pablo Carpintero, gaita da CSM 360, aerófonos e pandeiros tradicionais do seu obradoiro.
Sedia la fremosa (C. amigo)... Estevaô Coelho (s. XIV)/mús. trad. (alalá de Noia)
Crucifigat omnes (Conductus a 2)….Anónimo do Ms.Wolfenbüttel 2 (s.XIII)
Mandad ́ei comigo (C. amigo)……………………………..Martín Codax (s. XIII)
O que veer quiser (C. escarnio)…….Joaô Vaásquiz de Talavera (s. XIII)/Alfonso X (CSM170)