Presentación Gallaeciae Monumenta Historica

Data: 
xoves, Xaneiro 15, 2015 - 12:30
Imaxe: 

O xoves 15 de xaneiro tivo lugar a presentación de Gallaeciae Monumenta Historica, un proxecto no que participa o Instituto da Lingua Galega.

O Gallaeciae Monumenta Historica é un proxecto que ten por obxectivo dixitalizar e poñer na rede o corpus de documentación medieval de Galicia, co que se creará un repositorio que permitirá a busca cruzada en miles de documentos, mediante o cal se poderá coñecer amplamente a Galicia medieval. Con este proxecto, Galicia disporá do seu propio repertorio documental en formato electrónico, que será un espazo aberto a novas achegas procedentes tanto do ámbito da investigación como da experiencia e coñecementos dos usuarios.

Esta plataforma, que estará dispoñible proximamente na web do Consello da Cultura Galega, foi creada polo Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Real Academia Galega, O Centro Ramón Piñeiro (Xunta de Galicia), O Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" do CSIC e o Instituto da Lingua Galega.

A presentación, na que interveu a investigadora do ILG Rosario Álvarez, tivo lugar na biblioteca do Consello da Cultura Galega ás 12:30 h.