O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina.
Novidades
-   
          Un banco de palabras27/09/13
-   
          Languages of Spain in the Second Republic27/09/13O profesor Henrique Monteagudo contribúe con dous traballos nun volume sobre a historia da política lingüística española editado polo profesor José del Valle (CUNY): A Political History of Spanish. The Making of a Language (Cambrdige University press). 
-   
          Presentación de Dia Tech27/09/13O investigador da Universidade do País Vasco Gotzon Aurrekoetxea visita nesta semana o Instituto da Lingua Galega para presentar unha ferramenta de análise de datos lingüístico desenvolvida polo grupo de investigación que el coordina. DiaTech é unha aplicación web que permite realizar análise cuantitativas de datos xeolingüísticos e que ofrece un fácil visualización dos resultados. 
-   
          Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia30/07/13Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia destinadas a alumnado do curso de verán Toponimia: interpretación e actuación con diploma de asistencia 
-   
          Axudas para a recollida de microtoponimia no curso de verán da USC Toponimia: interpretación e actuación (16-19 xullo de 2013)20/07/13As persoas matriculadas no curso de verán da USC Toponimia: interpretación e actuación que acaden o diploma poderán acceder a unha axuda económica en concepto de colaboración para realizaren tarefas de recollida de microtoponimia nos concellos de Rois, Touro e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira). O traballo ten por obxectivo contribuír á colleita sistemática da toponimia menor (nomes de lugares non habitados, como leiras, fontes, prados, penedos, etc.) comezada polo Proxecto Toponimia de Galicia. 
-   
          Toponimia: interpretación e actuación16/07/13Do día 16 ó 19 de xullo terá lugar na Universidade de Santiago o Curso de verán de toponimia: actuación e interpretación, organizado pola profesora Ana Boullón. Os obxectivos deste curso son dar a coñece-la historia da conformación toponímica do territorio, as implicacións da toponimia con outras disciplinas (xeografía, marco xurídico, arqueoloxía e paisaxe, antropoloxía, literatura) e incentiva-la realización de actividades de recollida toponímica e de normalización lingüística. 
-   
          Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros 201304/07/13O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como visitas a lugares de especial interese cultural da cidade. 
-   
          Iº Coloquio "Lingüística Histórica"01/07/13Entre o 1 e o 4 de xullo desenvolverase o I Coloquio de Lingüística Histórica, que ten por obxectivos revisar e poñer ó día os avaces nos estudos de lingüística histórica e galega, presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos lingüísticos próximos e reflexionar sobre a importancia da actualización dos coñecementos nesta disciplina. O curso vai dirixido a estudantes e profesores. 
-   
          Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC coordinan un proxecto internacional para creación dun tesouro de léxico patrimonial20/04/13O Instituto da Lingua Galega da USC colabora con centros de investigación de universidades portuguesas e brasileiras na creación dun tesouro léxico que permitirá obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais de galego, portugués europeo e portugués do Brasil. 
-   
          IV Encontro Wedisyn sobre variación sintáctica18/04/13A rede de investigación en sintaxe dialectal Wedisyn (Dialect Syntax in Westmost Europe) celebrará o próximo encontro na Universidade de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de abril de 2013. 
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- seguinte ›
- última »
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  



