Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas a visitas de investigación
Acaba de publicarse a listaxe de persoas admitidas e excluídas que se presentaron á convocatoria de axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. A convocatoria está destinada a subvencionar dúas estadías de persoal docente e investigador procedente de calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia para a realización de actividades de investigación que se vinculen coa axenda científica do ILG. As persoas aspirantes poden reparar calquera erro ou omisión que se producira na listaxe ata o 31 de marzo, ás 23:59 h, quedando excluídas definitivamente de non facelo.
Nesta primeira convocatoria recibíronse 21 candidaturas, das que se encontran admitidas 14, de universidades de Alemaña, Australia, Brasil, Cuba, China, India e Portugal. Isto vén demostrar o grande interese que a investigación sobre a lingua galega suscita fóra das nosas fronteiras e que o ILG é un referente nos estudos lingüísticos e culturais sobre o galego.





