Novidades

  • Oscilación entre corradicais sinonímicos con e sen prefixo no galego-portugués

    19/09/17

    O venres 22 de setembro, Mailson Lopes, da UFBA / UC ─ CELGA-ILTEC, deu unha presentación sobre "Oscilación entre corradicais sinonímicos con e sen prefixo no galego-portugués". 

  • Conferencia sobre política lingüística familiar no ILG

    15/09/17

    O martes 19 de setembro a doutora Xiao Lan Curdt-Christiansen visitou o ILG para impartir unha conferencia sobre política lingüística familiar.

  • Bolsa de colaboración no ILG

    17/08/17

    O Ministerio de Educación publicou a convocatoria que regula a asignación de bolsas de colaboración para o curso 2017-2018. 

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    07/08/17

    Convocatoria pública 14/2017 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

  • IV CILH

    17/07/17

    IV Congresso Internacional de Linguística Histórica celebrouse en Lisboa do 17 ao 21 de xullo.

  • Conferencia de Javier Rivas

    14/07/17

    O venres 14, Javier Rivas, da Universidade de Colorado, Boulder, ofreceu unha conferencia titulada "A construción [deíctico locativo – clítico acusativo – verbo intransitivo] do galego (alí a estaba, aí os veñen): unha análise baseada no uso".

  • Elisa Fernández Rei, en Berlín

    07/07/17

    A investigadora do ILG Elisa Fernández Rei participou na conferencia internacional Languages across the Iberian Peninsula.

  • XXX Edición dos Cursos de verán

    03/07/17

    Do 3 ao 24 de xullo desenvolverase en Santiago de Compostela a XXX Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas.

  • III Simposium Internacional EDiSo 2017

    28/06/17

    Do 28 ao 30 de xuño celebrouse na Universitat Pompeu Fabra o III Simposium Internacional EDiSo 2017.

  • Experimento perceptivo

    20/06/17

    A investigadora do ILG Alba Aguete Cajiao precisa a colaboración de falantes galegos de entre 18 e 35 anos para participar nun experimento perceptivo en liña.

Páxinas