CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
Novidades
-
Destacado
I Xeira CLARIAH-GAL
02/05/24 -
Destacado
Premio no PROPOR 2024
08/04/24Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".
-
Destacado
Presentación de FONTEGAM e da nova versión de CODOLGA
08/04/24Hoxe tivo lugar no Pazo de San Roque a presentación de FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) e da versión 20 do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae). No acto estiveron presentes a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; os investigadores do Instituto José Carracedo Fraga e Xavier Varela Barreiro; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez, e Pilar Lorenzo, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
-
Destacado
Validatón no ILG
21/03/24O 19 de marzo tivo lugar no ILG o Validatón -maratón de validación de fragmentos de voz- no que 30 estudantes da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela revisaron un total de 23.314 fragmentos de voz en lingua galega na plataforma Common Voice. O gañador do maratón foi Nicolás Acebedo Torrego, que recibiu un premio de 100 euros tras validar 1.299 fragmentos.
-
Destacado
I Faladoiro con Carme Ríos Panisse
09/03/24O Día Internacional da Muller a Comisión de Xénero e Igualdade do ILG inaugurou o Ciclo de conversas coas mulleres do ILG cun faladoiro con Carme Ríos Panisse, unha das primeiras investigadoras do centro.
-
Destacado
Miguel García Fernández e Ricardo Pichel editan unha obra sobre San Paio de Antealtares
04/03/24Os colaboradores do ILG Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel son os editores da obra Desde San Paio de Antealtares. Historia, patrimonio e vida monástica, coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
-
Destacado
O Proxecto Nós lanza a campaña Doa a túa voz
01/02/24O Proxecto Nós lanzou unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia co obxectivo de afianzar a plena presenza activa do galego no ámbito das novas ferramentas de Intelixencia Artificial. As contribucións poden facerse de xeito telemático a través do espazo web doagalego.nos.gal creado para esta iniciativa.
-
Destacado
Membros do ILG participan no programa "A Ponte" da USC
15/01/24Francisco Dubert García e Xulio Sousa volven participar nunha nova edición do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
-
Destacado
Estudos baseados no corpus CORTEGAL nun novo anexo de Verba
28/12/23María Álvarez de la Granja e Vítor Míguez encárganse da edición do Anexo 84 deVerba, publicación da USC, titulado Perspectivas sobre a escrita académica en galego: estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes.
-
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
08/11/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas: