Vídeos polo 50 aniversario do ILG

Data: 
martes, Abril 6, 2021 - 12:45
Imaxe: 

En 2021 celebramos o 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega. Como membro que fuches do Instituto, aledaríanos moito que estiveses presente connosco nesta data tan sinalada e que foses partícipe do noso cincuentenario.

Como facelo? Enviando un vídeo de entre 1 e 3 minutos gravado co teléfono móbil no que fales do teu paso polo ILG, das túas lembranzas, do teu traballo... antes do 15 de abril.

Os únicos requisitos son: formato horizontal, boa iluminación, sen ruído de fondo e plano medio (medio corpo). Este vídeo faríase público nunha páxina conmemorativa do noso 50 aniversario e tamén se podería difundir a través das redes sociais do ILG, se nos dás o teu consentimento.

Para nos facer chegar o vídeo cómpre subilo mediante o seguinte formulario de Google: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeSt9xQHTOWaIMkWyt5Dcibc_j88CO7us2_KEO17aJ3DzSkNA/viewform?usp=sf_link

Moitas grazas pola túa colaboración.

Unha aperta,

Comisión do 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega