Visita de alumnado do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives

Data: 
mércores, Maio 22, 2024 - 14:15
Imaxe: 

O 16 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 1.º de BAC do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives. As rapazas e rapaces realizaron unha xincana que lles permitiu coñecer distintos proxectos do noso centro da man do persoal investigador, como o Atlas Lingüístico Galego, o Patrimonio léxico da Gallaecia, a Cartografía dos apelidos de Galicia e a edición de textos medievais. Pero tamén nos aprenderon a nós palabras da súa zona, demostrando que a nosa lingua ten futuro nas súas mans.

Para finalizar, puideron conversar con Antón Santamarina, que respondeu as preguntas da rapazada e lles falou da historia do ILG e do seu papel na elaboración dos primeiros cursos de galego e das normas ortográficas e morfolóxicas da nosa lingua.