Visita do alumando do IES Sánchez Cantón de Pontevedra

Data: 
xoves, Maio 30, 2024 - 12:15
Imaxe: 

O pasado 21 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumando de 2.º da ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras unha breve explicación da historia do noso centro, tiveron a oportunidade de coñecer como se leva a cabo a investigación en dous proxectos que están a desenvolverse nestes momentos: o Atlas Lingüístico Galego e o Proxecto Nós.