Web interactiva sobre a evolución dos nomes máis populares en Galicia

Data: 
xoves, Decembro 18, 2014 - 11:15
Imaxe: 

Investigadores do Instituto da Lingua Galega elaboraron un gráfico interactivo sobre os 10 nomes de nenos e nenas máis comúns entre 2000 e 2013. A páxina web permite coñecer os cambios na popularidade dos 10 nomes máis empregados polos galegos para os nenos e nenas nacidos nos últimos anos.

Os nomes de nenas que máis aumentaron a súa frecuencia foron Noa, Daniela e Carla; Noa foi o nome máis frecuente en 2012 e 2013. Os nomes masculinos que se fixeron máis populares na última década foron Hugo (figura en primeiro lugar desde o 2008), Mateo e Nicolás. É de destacar que nomes tradicionais como Manuel e María continúan a figurar na lista dos máis habituais. Entre os dez nomes máis comúns aparecen tamén formas propias galegas como Brais, Antía ou Uxía, que nos últimos tempos se foron facendo máis habituais.