Xornada divulgativa "Matemáticas e lingua"

Data: 
mércores, Novembro 30, 2022 - 16:30

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas organiza o día 30 a xornada divulgativa Matemáticas e Lingua, que incluirá o relatorio de Xulio Sousa "Os números na lingua" e un coloquio posterior, moderado por Rosa M. Crujeiras, no que participarán Alba Aguete Cajiao e Vítor Míguez xunto a Carmen García Mateo e Mercedes Conde Amboage.

A sesión comezará ás 16:30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.