Novidades

  • Dialecto e paisaxe lingüística en Palermo

    29/04/16

    O venres 29, Francesco Scaglione, investigador da Università degli Studi di Palermo, realizou unha exposición no ILG sobre o dialecto e a paisaxe lingüística en Palermo.

  • II Simposio de Estudos Galegos

    22/04/16

    Do 20 ao 23 de abril celebrouse o II Simposio de Estudos Galegos na University of Michigan-Ann Arbor.

  • Estatística con R para lingüistas

    18/04/16

    O obxectivo deste curso é introducirse no uso de técnicas estatísticas básicas utilizando o software estatístico R. Os distintos métodos estatísticos presentaranse con exemplos prácticos e reais da área da lingüística (fonética, lingüística de corpus, sociolingüística, onomástica etc.).

  • Presentación do volume VI do ALGa

    13/04/16

    O día 13 de abril ás 11 horas na biblioteca do ILG tivo lugar a presentación do volume VI do Atlas Lingüístico Galego: Léxico. Terra, plantas e árbores.

  • A UCM homenaxea o lingüista Alonso Zamora Vicente

    12/04/16

    O ILG expresa o seu apoio á iniciativa e destaca a contribución do lingüista á dialectoloxía galega.

  • Reorganizações do quadro pronominal na história do português

    04/04/16

    O venres día 8, o investigador Leonardo Lennertz Marcotulio realizou unha exposición no ILG sobre a reorganización pronominal no portugués.

  • A mostra Galicia Máxica, en Ribadavia

    29/03/16

    A exposición "Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968”, na que colabora o ILG, pódese visitar actualmente en Ribadavia.

  • Defensa da tese de doutoramento de Hélen Cristina da Silva

    14/03/16

    O luns 14 de marzo tivo lugar o acto de defensa pública da tese de doutoramento de Hélen Cristina da Silva, investigadora visitante do ILG durante o curso 2014-2015.

  • Publícase o volume VI do ALGa

    10/03/16

    O novo volume, Atlas Lingüístico Galego. Léxico. Terra, plantas e árbores, ocúpase do léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores.

  • Identities and Identifications

    04/03/16

    Do 4 ao 5 de marzo tivo lugar en Venecia o cuarto congreso internacional da Euroacademia: Identities and Identifications: Politicized Uses of Collective Identities.

Páxinas