Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico. Ferramenta para a análise da competencia escrita en lingua galega

Membros do equipo: 
Xosé Antonio Fernández Salgado
Bieito Silva Valdivia
--------------
Colaboradores
Iria del Río Gayo
Maarten Janssen
Catarina Magro
María López Sández
 
Descrición: 

O proxecto Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico. Ferramenta para a análise da competencia escrita en lingua galega ten por obxectivo constituír un corpus de textos escritos en galego por estudantes que permita un mellor coñecemento dos procesos de composición escrita en lingua galega no ámbito académico.

O corpus estará conformado na súa primeira fase por 1000 redaccións elaboradas por estudantes de segundo de Bacharelato de Galicia no marco do exame de Lingua e Literatura Galegas da proba de Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Un dos intereses do proxecto é o de mostrar as principais dificultades que ten o alumnado no momento de elaborar un texto escrito en galego no ámbito académico, tanto as relacionadas coa corrección lingüística como as vinculadas coa composición textual. Por tal motivo, as formas e secuencias que poñen de manifesto esas dificultades estarán convenientemente identificadas e anotadas para a súa recuperación a través de diferentes vías. Tamén se etiquetarán algúns recursos cohesivos co obxectivo de promover e facilitar as investigacións sobre gramática textual do galego. Por outro lado, o usuario poderá rastrexar o proceso compositivo do alumno ou da alumna, pois o recurso, que será de acceso libre a través da rede, permitirá visualizar non só a versión final que o/a estudante propón, senón tamén os engadidos ou correccións feitos por el ou por ela ao longo da composición do texto.

Imaxe: 
Data de execución: 
2019 a 2022
Financiamento: 
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ Proxecto PGC2018-096069-B-I00.
En 2018 o corpus foi financiado a través do Convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.