Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Catalogación, multiedición, glosario e estudo
Este proxecto ten por obxecto reunir nun repositorio dixital toda a produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII e, ao tempo, elaborar e poñer ao dispor dos investigadores e do público interesado toda unha serie de ferramentas para o seu estudo e interpretación. En concreto, preténdese elaborar un catálogo de textos do galego medio, depurado de elementos falsos e apócrifos e enriquecido con novas e significativas contribucións, construír unha base de datos que reúna e dea acceso ás referencias bibliográficas, reproducións e edicións dos textos do catálogo, editor todos e cada un deles de xeito rigoroso e sistemático, desenvolver ferramentas que permitan unha explotación áxil e fiable dos datos lingüísticos neles contidos e, finalmente, elaborar estudos que estuden as condicións en que estes textos se produciron, que reconstrúan a súa peripecia histórica e que os analicen desde un punto de vista lingüístico e pragmático.