Plataforma de documentación e análise de datos dialectais perceptivos

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Soraya Suárez Quintas
David Rodríguez Lorenzo
Irene Santos Raña
Laura Calaza Díaz
José R. Ríos Viqueira
Rosa M. Crujeiras
Alberto Rodríguez Casal
Descrición: 

A dialectoloxía perceptiva é unha disciplina que se centra no estudo das impresións, crenzas e actitudes dos falantes sobre a variación dialectal. O seu principal interese reside na importancia que se lle outorga ás reflexións lingüísticas dos non lingüistas (folk linguistics), colocando nun primeiro plano os coñecementos e as valoracións dos falantes sobre a variación idiomática en relación co espazo.

O proxecto ten como finalidade primeira o desenvolvemento dunha ferramenta que permita obter información sobre as percepcións que os falantes teñen en relación coas diferentes variedades dialectais galegas e que, ademais, facilite a análise e interpretación dos datos recadados. Os informantes emitirán xuízos de valor a partir de estímulos sonoros e tratarán de indicar a súa procedencia xeográfica. A comparación destes datos cos da dialectoloxía tradicional permitirá avaliar en que medida os falantes poden identificar diferentes variedades xeográficas no noso territorio e ata que punto as análises lingüísticas coinciden cos xuízos dos falantes.

Este é un proxecto desenvolvido dentro da Rede de investigación de Tecnoloxías e Análise de Datos Lingüísticos (TecAnDaLi).

Imaxe: 
Data de execución: 
2015
Financiamento: 
Rede de Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos. Programa de consolidación de unidades de investigación competitivas do SUG, Xunta de Galicia – FEDER (2014-2015)