Toponomasticon Hispaniae. Toponimia galega, portuguesa e astur-leonesa

Investigadora principal: 
Membros do equipo: 
Xosé Manuel Sánchez Rei
Toribio Fuente Cornejo
Pascual Riesco Chueca
Claudia Elena Menéndez Fernández
Paula Bouzas
Pedro Dono López
Brais Costas Fragueiro
Esperança Cardeira
Maria Alice Fernandes
Sílvia Isabel do Ribeiro
Carlos Rocha
João Paulo Martins Silvestre
Ana María Cano González
Loreto Díaz Suárez
Alberto Gómez Bautista
Descrición: 
Na primeira fase do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae (2021-2025) estudáronse case mil formas toponímicas galegas e portuguesas, considerando as fichas dos topónimos, dos étimos e os cognados, das cales están xa dispostas na aplicación para consulta libre o 80%. Son fundamentalmente macrotopónimos (en Galicia, concellos, parroquias e lugares do Nomenclátor oficial de 2003), pero tamén corónimos, orónimos, hidrónimos e talasónimos.
 
Continúase agora elaborando fichas toponímicas e etimolóxicas, prestando atención especial a dous aspectos: por un lado, á prolongación antroponímica, isto é, ós apelidos (e mesmo nomes persoais) a que deron lugar determinados topónimos; por outro lado, á proxección americana: como a toponimia galega e portuguesa se reflicte nos territorios americanos, tanto no Brasil, de lingua portuguesa, coma nos restantes de fala española, países de acollida de moita emigración galega.
 
Nesta nova fase (2025-2029), a Toponimia de Galicia e Portugal encardínase no subproxecto Toponimia gallega, portuguesa y astur-leonesa. PID2024-159776OB-C41, proxecto integrado en Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033.
Imaxe: 
Data de execución: 
2025 a 2029
Financiamento: 
MICIU/AEI/10.13039/501100011033