vert
adj.
verde
FR Un pâturage de gazon vert se développait tout autour, enclos lui-même d'une forte haie d'épines.
GL Todo ó redor estendíase un prado de herba verde, pechado el mesmo por unha forte sebe de espiño.
Fonte: XUL (8)
garboso
FR C'était un petit vieillard vert encore et dispos, poudré, le nez rouge, l'air jovial et goguenard.
GL Era un velliño garboso aínda e disposto, empoado, co nariz vermello, de aspecto xovial e burlón.
Fonte: VEN (76)
forte
FR Il avait maintenant cinquante ans sonnés, se portait bien, restait vert, bien que chauve, un peu gros, mais vigoureux ; et il portait tout le dessous de la moustache rasé pour bien découvrir les lèvres et garder libre le tour de la bouche, afin de pouvoir sonner du cor plus facilement.
GL Xa fixera os cincuenta anos, estaba ben conservado, mantíñase forte, aínda que calvo e un pouco gordo pero vigoroso; e levaba a parte de abaixo do bigote afeitado para deixar ó descuberto os labios e ter libre todo o contorno da boca, co fin de poder toca-lo corno con máis facilidade.
Fonte: CON (841)
|