logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- affirm, affirmation, affirmative, affix, afflict, afflicted, affliction, affluence, affluent, afford, affordable, afforestation, affright, affrighted, affront, Afghan, Afghanistan, afield, afoot


afford


- transitive verb
- permitirse

- Polo xeral, este verbo vai acompañado do modal can.

EN He smoked cigarettes because he could not afford cigars, he said.
GL Fumaba cigarros porque non se podía permitir xarutos, dicía.
- Fonte: ESP (79)
- pagar

EN "Ninety-nine per cent of what the university does serves the interests of those who can afford to pay," he notes.
GL "O 99% do que fai a Universidade está ó servicio dos intereses de quen pode pagar", estima.
- Fonte: C10 (258)
- mercar

EN The music lovers who see MTV's HIV education spots have the means to afford condoms and protect themselves.
GL As persoas afeccionadas á música que os ven dispoñen de recursos para mercaren preservativos e protexerse.
- Fonte: C31 (344)
- contar con medios

EN These people are looking to improve their economic opportunities but they can't afford formal housing.
GL Esas persoas buscan mellores perspectivas económicas, pero non contan con medios para procurar unha vivenda polas canles tradicionais.
- Fonte: C02 (1370)
- sufragar

EN The impact has not been significantly felt yet, because a large part of the population in developing countries cannot afford to pay for courses travelling via the Internet from offshore sources.
GL Aínda non tivo un grande impacto porque a maior parte da poboación dos países en desenvolvemento non está en condicións de sufragar este tipo de cursos.
- Fonte: C27 (488)
- custear

EN The daughter of a weaver, her education was cut short because her family couldn't afford secondary school fees.
GL Filla dun tecelán, tivo que abandona-la escola porque a súa familia non podía custea-los seus estudios secundarios.
- Fonte: C06 (452)