logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- colonnade, colony, colossal, Colosseum, colossus, colour, coloured, colourful, colouring, colourless, colt, Columbus, column, columnist, Comanche, comb, combat, combatant, combative


colourless

- colorless

- adjective
- descolorido

EN The tiny flame which the priest's allusion had kindled upon Stephen's cheek had sunk down again and his eyes were still fixed calmly on the colourless sky.
GL A chamiña que a alusión do crego alumeara nas meixelas de Stephen xa se apagara e os seus ollos aínda ficaban sosegados no ceo descolorido.
- Fonte: RET (3140)
- sen cor, sen color

EN By day this old part of Vigo is somewhat disappointing, as the houses are mostly dingy and colourless.
GL Polo día esta parte vella de Vigo é un chisco decepcionante, debido a que as casas aparecen sucias e sen cor.
- Fonte: GAL (951)
- incoloro

EN Then, as my vigil wore on, came a faintness in the eastward sky, like the reflection of some colourless fire, and the old moon rose, thin and peaked and white.
GL Entón, a medida que a miña vixilia aumentaba, apareceu unha claridade leve no ceo, polo leste, coma o reflexo dun lume incoloro, e elevouse a lúa vella, delgada, xibosa e branca.
- Fonte: TEM (1350)
- eslamiado

EN This was why he had such good --though possibly such rather colourless-- manners; this was why, above all, he could regard himself, in a greedy world, as decently --as in fact perhaps even a little sublimely-- unselfish.
GL Por iso tiña tan bos modais, aínda que posiblemente algo eslamiados; por iso, sobre todo, podía considerarse, nun mundo avarento, un home decentemente --de feito, quizais mesmo un tanto sublimemente-- altruísta.
- Fonte: BES (235)