logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- conceivable, conceive, concentrate, concentrated, concentration, concept, conception, conceptual, concern, concerning, concert, concerted, concertine, concession, conch, conchology, concierge, conciliate, conciliating


concerning


- preposition
- no relativo a

EN Mrs. Pontellier's mind was quite at rest concerning the present material needs of her children, and she could not see the use of anticipating and making winter night garments the subject of her summer meditations.
GL De momento a señora Pontellier estaba bastante tranquila no relativo ás necesidades materiais dos nenos, polo que non vía utilidade no feito de anticipar e converte-la roupa invernal de cama no tema das meditación estivais.
- Fonte: ESP (196)
- sobre

EN An inscription which, if it were preserved during any terrible convulsion that caused the world to begin its ife again, would occasion many learned disquisitions and ingenious theories concerning a race which authentic records showed to have secured the privilege of attaining so vast an age.
GL Inscrición esta que, de quedar en pé durante unha grande catástrofe que provocase un novo comezo da vida no mundo, daría lugar a doutas disquisicións e enxeñosas teorías sobre unha raza que, segundo demostraría a autenticidade dos restos que dela se conservarían, acadara o privilexio de chegar a unha idade tan avanzada.
- Fonte: DOD (111)
- en canto a

EN Bernard Barraqué: I disagree with John concerning public participation in England and Wales.
GL Bernard Barraqué: Non estou de acordo con John en canto á participación da poboación en Inglaterra e Gales.
- Fonte: C04 (223)
- acerca de

EN When news of the terminator patent broke, it sparked a multi-media debate, especially on the Internet, concerning the ethics and social relevance of introducing the TPS in developing countries.
GL O anuncio da presentación da patente de Terminator suscitou unha viva controversia, especialmente en Internet, acerca da ética e da pertinencia de introduci-lo TPS en países en desenvolvemento.
- Fonte: C29 (1037)