logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- concrete, concubine, concur, concurrence, concurrently, concussion, condemn, condemnation, condense, condition, conditional, conditioning, condolence, condom, condominium, condor, conduce, conducive, conduct


condition


- noun
- condición

EN But there was one condition imposed on them by God: obedience to His word.
GL Soamente existía unha condición imposta a eles por Deus: obediencia á Súa palabra.
- Fonte: RET (2406)
- circunstancia

EN That she was seeing with different eyes and making the acquaintance of new conditions in herself that colored and changed her environment, she did not yet suspect.
GL Inda non sospeitaba que era ela a que, mirando con outros ollos, estaba aceptando dentro de si mesma novas circunstancias que enriquecían e modificaban o seu arredor.
- Fonte: ESP (1090)
- estado

EN He was forthwith conveyed to the nearest hospital, and there pronounced to be still living, although in an asphytic condition.
GL Levárono de contado ó hospital máis próximo, onde dixeron que aínda estaba vivo, pero en estado de asfixia.
- Fonte: BUR (79)
- situación

EN They recognized that the changed financial conditions had raised up a social bar between their daughters and the young mechanics.
GL Recoñeceron, así mesmo, que a súa renovada situación financeira erguera unha barreira social entre as súas fillas e mailos novos operarios.
- Fonte: LEG (345)
- enfermidade

EN At the same time, they may reverse predisposition to conditions like obesity or alcoholism and diseases like diabetes.
GL Poderán eliminar tamén toda predisposición á obesidade, ó alcoholismo ou a enfermidades como a diabete.
- Fonte: C18 (297)


- transitive verb
- condicionar

EN Roger's arm was conditioned by a civilization that knew nothing of him and was in ruins.
GL O brazo de Roger estaba condicionado por unha civilización que nada sabía del e estaba en ruínas.
- Fonte: SEN (1665)