logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- quaintness, quake, quaker, quaking, qualification, qualified, qualify, qualitative, qualitatively, quality, qualm, quandary, quantifiable, quantify, quantitative, quantity, quantum, quarantine, quark


quality


- noun
- cualidade

EN These relations of the sensible, visible to you through one form and to me through another, must be therefore the necessary qualities of beauty.
GL Estas relacións do sensible, visibles para ti a través dunha forma e para min a través doutra, deben ser, xa que logo, as cualidades necesarias da beleza.
- Fonte: RET (4156)
- calidade

EN She looked at her round arms as she held them straight up and rubbed them one after the other, observing closely, as if it were something she saw for the first time, the fine, firm quality and texture of her flesh.
GL Contemplou os seus brazos redondos mentres os sostiña estirados cara arriba e os fregaba alternativamente, observándoos de cerca, coma se vise por primeira vez a suave e firme calidade e textura da súa carne feble.
- Fonte: ESP (988)
- virtude

EN Qualities that in a desolate expedition across the icy solitudes of the Polar region would have made him the leader, the guide, the counsellor, whose temper, neither sanguine nor despondent, surveys with equanimity what is to be and faces it, came to his help again.
GL Virtudes que nunha expedición desprotexida a través das soidades xélidas da rexión polar habían facer del o líder, o guía, o asesor que co seu temperamento, nin apaixonado nin desalentado, examina ecuánime o inevitable e o afronta, viñeron outra vez na súa axuda.
- Fonte: CAR (414)