Interoperabilidade de recursos e produción automática de linguaxe natural

Descrición: 

Esta liña ten como obxectivo, por unha banda, explorar a interoperabilidade entre recursos existentes para o galego, como dicionarios electrónicos e diferentes corpus, e, por outra, a conectividade entre os recursos monolingües e outros pluri ou multilingües, particularmente os provistos de maior sustento valencial, de cara á ánalise de vías de retroalimentación e posíbeis interaccións. Este estudo é o paso previo a unha proposta de desenvolvemento de ferramentas de xeración automática de linguaxe natural a partir de patróns sintáctico-semánticos argumentais e en ontoloxías semánticas que clasifican a extracción de léxico con consultas a Galnet, o wordnet do galego.

Actividades:

  • Análise de interoperabilidade entre recursos:
    1. Creación de API para o galego (http://portlex.usc.gal/develop/gl/api/)  
  • Organización de actividades:
    1. Organización do Workshop: “Ontologías de semántica lingüística: clases en el lexicón para la generación de frases nominales”, Universidade Complutense de Madrid, 16-17 Maio 2019.

Por outro lado, no marco da Convocatoria de proxectos colaborativos para institutos de investigación da USC. 2020, concedeuse o proxecto Ferramentas TraduWord e XeraWord: tradución de caudal léxico e xeración automática da linguaxe natural en galego e portugués, desenvolvido en colaboración coa Universidade de Vigo e co IPCA – Instituto Politécnico do Cávado e Ave - Barcelos. Os membros que participaron neste proxecto foron: María Álvarez de la Granja, Daniel Bardanca Outeiriño (colaborador), María Caíña Hurtado (contratada), Francisco A. Cidrás Escaneo, María José Domínguez Vázquez (IP), Xavier Gómez Guinovart, José Luis Iglesias Allones (contratado), Alberto Simões e Carlos Valcárcel Riveiro.

Execution date: 
2019