Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
Novidades
-
18/11/25
!
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
-
15/11/25
!
Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS
O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo ILG en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil, vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. O prazo de envío de propostas encóntrase aberto ata o 15 de novembro de 2025.
-
17/09/25
!
A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega
Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.