Ferramenta On-Line de ExpeRimentación PerceptivA (FOLErPa)

Investigadora principal: 
Miembros del equipo: 
--------------
 
Colaboradoras
Marianela Fernández Trinidad
Victoria Marrero Aguiar
Descrición: 

Este proxecto ten como obxecto principal o mantemento, mellora e ampliación de funcionalidades da plataforma FOLERPA. A finalidade desta plataforma é facer dispoñible unha serie de recursos integrados para a realización de experimentos perceptivos en liña desde unha interface gráfica amigable, interactiva e flexible, que non require coñecementos de programación por parte dos investigadores e investigadoras.

Na actualidade, FOLERPA está formada por catro módulos que proporcionan a posibilidade de desenvolver por completo o proceso experimental: un módulo de elaboración, onde se constrúe o test perceptivo paso a paso de maneira interactiva; un módulo de difusión, que permite distribuír os tests perceptivos creados polo investigador ou investigadora aos/ás participantes do experimento por medio dunha URL (os xuíces e xuízas acceden a esa URL e realizan o test perceptivo en liña na propia FOLErPa); un módulo de administración, que lle facilita ao/á investigador/a a opción de traballar cos tests que xa ten creados; e un módulo de análise, desde onde se poden descargar os datos e resultados obtidos da realización do test por parte dos xuíces e xuízas.

Entre as liñas de acción de carácter inmediato está a ampliación da tipoloxía de tests perceptivos ou paradigmas experimentais que se poden desenvolver en FOLERPA, a incorporación de imaxes e vídeos ao deseño experimental e a implementación dun módulo de análise descritiva básica dos tests perceptivos.

 

Imaxe: 
Fecha de ejecución: 
De 2013 hasta 2020
Financiamiento: 
FILGA. Filoloxía e Lingüística Galega (GI-1743): Consolidación e estruturación 2017 GRC GI-1743. Financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. Referencia: ED431C 2017/34. Desde o 01/01/2017 a 31/12/2020.